//
you're reading...
actualidad, educación, Libros, Poesía, Turismo, Uncategorized

ESCRITO ESTÁ:: IV 2017


Este libro,  que ya forma parte de la historia del hermoso pueblo de Malpica, es especialmente querido para mi dado que su autor tuvo que interrumpirlo durante años por motivos de salud; si a ello añadimos que fue compañero de trabajo en el instituto de Ponteceso

El libro lo recomiendo por su historia, por lo ameno que resulta y la cuidada edición del mismo.

Saudiños  Xelucho

 

O Café Cachón tiña a única radio que había en Marbravo. O fume dos cigarros e os berros atoldaban o ambiente. A el acudían os “cerillitas”, nome despectivo co que a clase obreira, a maioría xente do mar, designaba á xente “fina” que non facía traballos manuais, singularmente funcionarios e comerciantes. Aínda que non se excluía a ninguén; entre os clientes do Café Cachón contábanse tamén proletarios. Alguén propuxo, alzando a voz:

-¿Facemos o coche do “Castellano”?

+ + +

(. . . )

Un día, estando comendo,

foino o pequeño mirar,

levantoulle o encerado,

non o viu espernear.

O neno, todo asustado,

a seu pai llo fou dicir,

e Carral colleu o libro

e axudouno a “bien morir”.

A nai dicía: ¡Adiós, porco!

e os fillos : ¡Adiós, rinchóns!,

que queríamos comelos,

quedamos coas intencións.

(. . .)

+ + +

Santo Hadrián foi un militar romano torturado e decapitado nos tempos do emperador Maximiano nos comezos do século IV, casado con Santa Natalia, a cal animábao no medio dos tormentos a que soportase barilmente o martirio e a non renegar da súa fe cristiá. A romaría cadra

o 16 de xuño ou domingo seguinte, e era a maior fonte de ingresos para a parroquia de San Xián de Marbravo.

+ + +

-¡O Exército alzouse en Marrocos contra a República!

A noticia espallouse coma o lume por todo Marbravo. Aquela mesma tarde, como demostración de que a cidadanía estaba en contra do golpe militar ordenaron que non saíren ó mar a flota pesqueira. A folga afectou tamén ó autobús de liña e ós camións do peixe. No outro día, 19, de mañá, concentráronse homes e mulleres na rúa principal, que aquilo era un fervedoiro de xente.

-¡Hai que ir á Coruña a defender a República!

+ + +

Don Antonio Montero Rodríguez, despois de rematada a escola da tarde, agardaba polos mariñeiros ós que daba clase de balde ó voltaren das tarefas do mar. Era coñecedor de que a cultura fai libres ós homes. Nos meses de inverno ían coas lanchas pescar ó abadexo, á liña; saían ainda con noite, e voltaban a media tarde. Os tripulantes de cada traíña repartían entre todos a pesca capturada, a partes iguais, independentemente do que cada un pescase. Só os novatos non entraban no reparto do quiñón.

Anuncios

Comentarios

Aún no hay comentarios.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

xornaleira

Vive el momento

mayo 2017
L M X J V S D
« Abr   Jun »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: